
Jamaica Kincaid naceu en 1949 na illa de Antigua (colonia británica), no mar Caribe, e chega aos EE UU aos dezaséis anos, podendo ser considerada unha autora estadounidense de adopción (Richard Ford a inclúe na súa antoloxía de autores norteamericanos). En España ten varias obras publicadas en castelán.

Pola súa parte, de David Bezmozgis (nacido en 1973, en Riga, Letonia, cando era parte da URSS) non temos demasiada información na rede, polo menos en galego ou castelán, pero podemos recurir a páxinas en inglés traducidas por ese método, non sabemos se automático ou simplemente criminal. Temos por exemplo a Wiki, se queres...
Ben, pero trátase de ler os contos, ¿non? Veremonos o venres entón...
No hay comentarios:
Publicar un comentario