
Sobre o primeiro, neste enlace pódese ler que a carta do dous de trevos, no póker, é a que menos valor ten en comparación coas restantes, detalle que pode explicar por que é esa e non calquera outra a escollida polo xogador que recoñece ter unha mala racha (¿pode ser peor?):
"En caso de empate con la misma carta, se toma en cuenta el palo de la carta. El ranking es: Picas, Corazones, Rombos y Tréboles; el dos de trébol es la carta más chica posible."
Sobre o segundo, o do outro conto, dicir que trátase dunha historia de amor e adulterio: Oakhurst perde a cabeza por unha muller casada, incapacitada para camiñar temporalmente, á que el axuda non só economicamente para se recuperar... Ao final as cousas non acaban demasiado ben para el -o interior dela é máis ben misterioso, e non queda claro que sinte realmente, aínda que o lector pode supoñelo...-, que volve ao mundo do xogo ferido dobremente, fisica e animicamente, despois dun patético intento de deixar ese mundo e dedicarse... ¡á traballar na bolsa por recomendación dun amigo banqueiro ao que acabará matando nun duelo a pistola por causa da muller, casada polo demais cun terceiro home que andaba certamente moi ocupado, polo que se ve!
Sobre a orixe da canción relixiosa que aparece dúas veces no relato, nada sabemos de momento, a non ser o que dixo Á. na reunión, que posiblemente sexa un fragmento dos "Salmos" da Biblia: ¿alguén pode confirmar esta suposición, por favor? Que deixe aquí un comentario, en todo caso. Gracias.
¿E que pasa con Crumb? Ben, del no se falou demasiado, pero agora e aquí propoñemos algo que podemos chamar xogo ou algo parecido. O conto de Crumb narra o devir da historia de EE UU en non demasiadas viñetas, desde o comezo dese país, ata o ano da publicación desde cómic, que cremos foi en 1979, tres anos despois do bicentenario famoso. O relato de Harte ten ugar no mes de Novembro de 1850. Se vas cara ás últimas viñetas de Crumb, a calquera das cinco do final, por exemplo, ¿serías capaz de imaxinar como contar unha historia similar á de Harte nese outro tempo histórico dos EE UU? ¿Que habería que cambiar da orixinal, para conseguir sen embargo manter o esencial do conto de Harte...? Se alguén vese con forzas para isto, que ben: que o escriba nun comentario aquí mesmo. E se hai máis dun, mellor aínda. A ver...