lunes, 1 de junio de 2009

Contar cantando...

Falabamos na anterior entrada da posibilidade da existencia dun híbrido entre o conto (relato) e o canto (poema), tal e como xa viron Tess Gallagher e Ray Carver...
Imos agora un pouco máis alá, sen abandonar o mapa norteamericano: Bob Dylan (perdón: negámonos a presentalo: porque soe morder, máis que nada).
Recurrimos a un par de cancións (¿cancións-relatos...?) das máis (re)coñecidas:
Da primeira, "Like a rolling stone", foron xa ditas tantas cousas... Unha das máis curiosas é que Dylan ao compoñela pensaba en... ¡Brian Jones! Entre Dylan e o autodestructivo Jones -que morreu na casa de Winie the Pooh, mira ti, el, o primeiro en abandonar das famosas catro jotas dos anos sesenta e comezo dos setenta: Jones, Jimmy Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison- existía unha estreita amizade baseada na mutua admiración -tamén os Beatles sentían tal admiración polo olvidado Jones- e cultivada en gran medida telefonicamente...
Da segunda, "All along the watchtower", tamén hai numerosas interpretacións para dar e tomar. ¡Ata hai alguén por aí que chegou a relacionala coa Caverna de Platón!, ou coa mesmésema Biblia... En fin...
Presentamos dúas versións que se saen do trillado. De "Like a rolling stone", unha cos Stones e Dylan xuntos no escenario, e Dylan... ¡sorrindo! (e incluso mira ao público, e tal), pero é que era difícil non facelo ante o histrión número un do circo do rock´n´roll (atención ao solo de harmónica de MJ: o mundo tende a ignoralo, pero é un gran, gran harmonicista). De "All along...", a coñecida versión de Hendrix, que por certo aparece na película "Una historia del Bronx".


Aquí tedes enlaces para poder ler as letras destas composicións: "Like a rolling stone" en inglés; en castelán, e esperemos que correctamente traducida; letra en inglés de "All along..."; e agora en castelán, e a ver se hai sorte coa traducción...

1 comentario:

  1. Eu penso que sempre hai un punto e aparte no momento en que alguén escoita Like a Rolling Stone por primeira vez. O silencio previo á canción e despois outro silencio, distinto, máis pausado.
    Esta canción é das que non ten volta atrás.

    ResponderEliminar