Mostrando entradas con la etiqueta MELVILLE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MELVILLE. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de febrero de 2009

Reunión I (13.2.09). Paisaxe despois da batalla

Ola de novo.
Destaquemos antes que calquera outra cousa o feito de que fixemos a primeira reunión, e de que nela estabamos todos, os oito. Ben. Xa estamos en marcha...
Eeerr... Ao mellor non está de máis poñer branco sobre negro -ou ao revés, dada a estética desta bitácora- que a linguaxe da arte, da literatura neste caso, non é a propia da ciencia ou da técnica. Non parece razonable pretender que o autor se exprese con conceptos e termos propios de algo alleo á súa arte (nin falta que fai). Polo cal, se ben é certo que nestes contos de Hawthorne e de Melville "preténdese comunicar algo", e non soamente improvisar sobre o papel a costa dun enganado lector, ese "algo" -sexa o que sexa, que tal é en parte a cuestión, e sen podela separar da forma de expresalo- nin é algo monolítico nin puramente analítico ou descriptivo. Aí fai a súa aparición a necesaria labor interpretativa do lector -por certo, ¿era quen de facer isto o noso amigo Bartleby...? ; ¿terá que ver o conto de Melville co todo isto, e co que fixemos ao ler e comentar ese relato...?-, impresdindible na novela, e no conto literario que nace no século XIX. Se ben é certo que, como xa falamos na reunión, non parece posible aceptar calquera interpretación. A propia natureza, esructura ou lóxica interna da obra e dos personaxes permite e non permite segundo que lecturas. ¿Aceptaríamos que "Don Quijote" é unha novela de ciencia-ficción, ou que "Bartleby" é un relato policíaco...?
Nas dúas entradas anteriores a ésta podemos ver certas claves ou orientacións para mellor comprender estes contos..., ou algo así, vaia. Non obstante, non se pretendía na reunión -nin neste blog, claro- "dictar" cal é "A Interpretación" correcta, porque:
  • Iso é moi pouco interesante e bastante aburrido.
  • Este club non busca iso, senón exactamente o contrario.
  • ¿Hai por aquí cerca acaso alguén con carnet oficial da Policía de Interpretación Correcta dos Contos que lle permita semellante... "cousa", hmn?
Despois da tormenta, despois da primeira reunión, saíra como saíra, propoñemos revisar as nosas interpretacións e comentarios -orais ou escritos-, e tamén as entradas deste blog, se che parece, e introducir aquí algún comentario, ou varios, "a toro pasado", agora, mañá, dentro de catro días, sobre eses dous contos. Interesante sería lograr establecer un cruce de comentarios entre nós, e implicar tamén ás persoas que sen dúbida están lendo o blog e forman parte deste club "virtualmente".
Ánimo. un blog só está vivo se as persoas, en plural e con plurais puntos de vista, escriben comentarios nel...

domingo, 1 de febrero de 2009

CONTO Nº 1: "BARTLEBY", DE MELVILLE

"WAKEFIELD" (Hawthorne): Contamos cun relato complementario, "Wakefield", de Hawthorne, publicado antes que "Bartleby". Se queres o conto "Wakefield" en castelán, preme aquí. Se o queres ler en inglés, preme neste outro enlace. E se buscas información sobre ese conto, talvez se premes aquí atopes o que queres. este conto podes lelo antes de ler o de Melville, ou despois. Hai unha certa influencia de Hawthorne sobre melville (ademais, eran amigos e veciños), e posiblemente deste conto sobre o outro.

"BARTLEBY" (Melville): éste é o primeiro conto que leremos neste club, pois o de Hawthorne o presentamos como "complementario". Se queres acceder a "Bartleby" en inglés, preme aquí. E se queres ler o conto en castelán e non o tes, pincha neste enlace.
Temos xa marcada a reunión para o 13 de Febreiro, vernes, e nela dialogaremos sobre o conto de Melville e talvez o de Hawthorne. Propoñenos sen embargo agora unha serie de cuestións ou orientacións para mellor acceder ao relato melvilleano -sen pretender tampouco prefixar unha determinada interpretación, pois non é ése o espírito deste club, como tampouco o era o do ano pasado: queremos sempre partir das propias lecturas dos compoñentes deste grupo-. Comezamos:
  • No conto e/ou no personaxe de Hawthorne, ¿pódese ver algún parecido ou semellanza cos de Melville?
  • O relato está contado en primeira persoa, pero ese narrador é o avogado... ¿Ë o non é éste o protagonista do conto? ¿Cumpre o narador o seu obxectivo de narrador, ou non? ¿Por que...?
  • ¿Hai un cambio especialmente significativo do narrador nalgún momento concreto da historia? ¿Cal e por que? ¿E nótase un cambio aa longo de toda historia...?
  • ¿Vese o avogado a se mesmo en Bartleby, ou todo o contrario?
  • O conto foi publicado en 1853, co título "Bartleby, the Scrivener: A Story of Wall Street". o termo "wall" (parede, muro) aparece unha e outra vez no relato. ¿Casualidade? ¿Onde ten B. a súa mesa?
  • A mesa de B., ¿que ten dentro?
  • ¿Le B. algo algunha vez? Lectura con auténtica comprensión, queremos dicir...
  • ¿B. ten "interior", ou é "impenetrable", "espectro"?
  • hai rumores de que B. traballaba antes na "Dead Letters Office" (literalmente traducido: Oficina das Cartas Mortas), a Oficina de Cartas non reclamadas. ¿Casuañlidade outra vez?
  • O nome de bartleby, ¿terá significado buscado por Melville?
  • ¿Como entender ese final, na cárcere, chamada "Tombs", e que significará ese nome?
  • Ademais do narador e de B., están os outros escribentes: ¿temos opinión sobre eles?, ¿son como B., ou que?
  • Tarefa para heroes e heroínas: pódese buscar na Rede un resumo, ou información sobre o diálogo "Fedro", de Platón (a escritura, a lectura), a ver...
  • Varias preguntas en serie, e relacionables coa anterior de Platón: a) o oficio de copista, de escribente, ¿en que consiste?, ¿que relación ten co texto, coa letra, coa lectura?; b) ¿é igual esta relación, ou distinta, ca do escritor-novelista, ou ca do lector de literatura, coma ti? ¿Diferencias? ¿Xoga con elas Melville? (¿"Fedro"?); c) ¿que diferencias vemos entre textos como actas, historiais, testemuñas policiais, etc., e poemas ou novelas?
Ben, probablemente xa é máis que suficiente. Colle as que desexaes, ou nngunha. En realidade, coa túa lectura atenta chega.
recorda, en calquera caso, que en poucos día (dous, tres) haberá máis información neste blog, e esperemos que xa comentarios, por que non... Un saúdo.

(Información extraída de: J.L. Pardo, "Bartleby o de la humanidad", en VV AA, Preferiría no hacerlo, en Pre-Textos, 2000. E da introducción á edición do conto na editorial Cátedra).

Nota: Se alguén, sexa quen sexa, consigue enlaces para poder ler os contos de H. e/ou M. en galego, por favor que facilite esa información nun comentario a esta entrada. Gracias.