En realidade non foi unha, senón dúas. o trece, dúas persoas; o dezasete, catro. demasiados exames en pouco tempo...
Nesa(s) reunión(s) falamos sobre todo do conto "Quero saber por que", do erotismo que atopamos nel de principio a fin, e, claro, da obvia presencia da homosexualidade -como tamén no outro conto, "Mans"-.
Inevitablemente na conversación recordamos o extenso fragmento que Richard Ford no seu "Prólogo" á antoloxía xa nomeada dedica a este relato, que tanto influíu nel -e en Hemingway. parece que o conto hemingwayano "O meu vello" que nós leremos no futuro está inspirado no de Anderson, tan admirado por Hemingway-, en concreto desde a páxina 18 á 21 (se non as tes vistas, é bastante recomendable que o fagas: entenderás melor os contos que esamo lendo, e os que virán). De todos os xeitos, xa comenta´ramos na reunión que a homosexualidade non pode sen embargo ser convertida na protagonita da historia. non é o punto fundamental, cremos. Neste conto no que non parece suceder gran cousa -¿realmente...?-, o que deixa certa pegada no lector é a sensación de soidade do rapaz narrador -por certo, nun estilo coloquial e cercano, como pretendía Anderson, ao modo dos relatos contados de viva voz-, a súa decepción, incredulidade e pasmo ante a actitude do entrenador do cabalo, Jerry Tillford, ao final, en definitiva, a angustia do rapaz ante o que con dificultade chega malamente a percibir da vida dos adultos, e ante iso tan intenso como incomprensible que descubre no seu interior a partires dun cruce de miradas no que cría estar por fin lonxe da súa soidade. E... non.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario