domingo, 8 de marzo de 2009

CONTO Nº3: "QUERO SABER POR QUE", DE SHERWOOD ANDERSON

CONTO Nº2: "Quero saber por que", de Sherwood Anderson (nacido en Ohio, EE UU, en 1876, e morto en Panamá en 1941).
CONTO COMPLEMENTARIO: "Mans", do mesmo autor.
Os dous contos podes atopalos na rede, tanto en inglés como en castelán (en castelán tamén tes o primeiro deles, "Quiero saber por qué", na antoloxía de Richard Ford, se a tes). Non dimos co traduccións en galego, polo que se alguén é quen de atopalas, por favor que o comunique neste blog o antes posible. Indicamos a continuación os enlaces:
  1. Enlace para ler "I want to know why" ("Quero saber por que"), en inglés, evidentemente.
  2. Enlace para ler "Quiero saber por qué" en castelán.
  3. Enlace para ler "Handas" ("Mans") en inglés, claro.
  4. O enlace para ler o conto "Manos" ("Hands"), en castelán, non acaba de aparecer, polo que ese conto será repartido fotocopiado e en man a cada membro do club. (Se alguén localiza un enlace como o que aquí buscamos sen éxito, se é tan amable, agradeceríamos moito esa información).
En breve, dentro de un ou dous días, aparecerá outra entrada con máis información sobre estes contos, sobre Anderson e sobre a lnfluencia do escritor de contos ruso Chéjov (1860-1904) sobre o autor de "Quero saber por que" e tantos outros escritores norteamericanos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario