Hoxe, por variar, propoñemos outra cousa do proposto no pasado cos outros relatos. Intentaremos distinguir as partes de cada un dos contos, sen pretender tampouco buscar esquemas ríxidos ou caer nun excesivo formalismo, que non ten moito sentido nun club como éste:
- "Quero saber por que" (publicado en 1919): Na edición de Galaxia Gutenberg conta de dez páxinas. Podemos dividilo en dúas, de cinco páxinas cada unha. Na primeira parte dedícase o narrador, un dos rapaces que viaxan a Saratoga (Indiana) e que se dirixe a nós, os lectores, dedícase, dicíamos, a describir o ambiente do mundo dos cabalos, traballadores do hipódromo, etc., ao tempo que deixa caer unha serie de valoracións persoais sobre todo iso, os pura sangue, etc. O "corte" na historia prodúcese na páxina quinta, abaixo de todo, onde di "Les expliqué todo [aos seus pais, á volta] lo que habíamos hecho menos una cosa. Algo que vi e hice yo solo. De eso trata lo que escribo. Me inquietó mucho. Pienso en ello por las noches. Es lo siguiente", dous puntos, e á parte. Está claro que hai un xiro esencial, e que "a historia" comeza agora... Na páxina sete, aparece no penúltimo parágrafo Jerry Tillford. "Jerry me vio y entonces pasó algo. Os lo voy a contar", di. E o conta: o final desa páxina e o comezo da oito é talvez o momento máis intenso do relato. e aínda na oito, abaixo de todo, lemos: "Aquella noche (...) Quería estar a solas, y quería estar cerca de jerry Tillford si es que podía lograrlo. esto es lo que pasó", e entonces o relato precipítase cara a un final que devólvenos ao principio: o título do relato, relato do que tanto fala no prólogo do libro Richard Ford...
- "Mans" (publicado dentro do libro "Wineburg, Ohio", en 1919): Son oito páxinas. As catro primeiras e a quinta, deixando fóra os tres últimos parágrafos, parecen formar algo así como unha primeira parte, que transcurre no presente, contado por un narrador que non é nin o mestre, nin seu amigo. Despois hai unha volta ao pasado, ata a liña antepenúltima da sete. E despois volvemos ao presente, ata o final. É un conto máis breve que o anterior. Veremos se máis simple, e se hai similitudes co de antes...
No hay comentarios:
Publicar un comentario