
lunes, 30 de marzo de 2009
Hemingway e o principio do iceberg

domingo, 29 de marzo de 2009
As teses de Piglia...

II
El cuento clásico (Poe, Quiroga) narra en primer plano la historia 1 (el relato del juego) y construye en secreto la historia 2 (el relato del suicidio). El arte del cuentista consiste en saber cifrar la historia 2 en los intersticios de la historia 1. Un relato visible esconde un relato secreto, narrado de un modo elíptico y fragmentario.
El efecto de sorpresa se produce cuando el final de la historia secreta aparece en la superficie.
VI
La versión moderna del cuento que viene de Chéjov, Katherine Mansfield, Sherwood Anderson, el Joyce de Dublineses, abandona el final sorpresivo y la estructura cerrada; trabaja la tensión entre las dos historias sin resolverla nunca. La historia secreta se cuenta de un modo cada vez más elusivo. El cuento clásico a lo Poe contaba una historia anunciando que había otra; el cuento moderno cuenta dos historias como si fueran una sola.
La teoría del iceberg de Hemingway es la primera síntesis de ese proceso de transformación: lo más importante nunca se cuenta. La historia secreta se construye con lo no dicho, con el sobreentendido y la alusión.
"El gran río de los dos corazones", uno de los relatos fundamentales de Hemingway, cifra hasta tal punto la historia 2 (los efectos de la guerra en Nick Adams), que el cuento parece la descripción trivial de una excursión de pesca. Hemingway pone toda su pericia en la narración hermética de la historia secreta. Usa con tal maestría el arte de la elipsis que logra que se note la ausencia de otro relato.
¿Qué hubiera hecho Hemingway con la anécdota de Chejov? Narrar con detalles precisos la partida y el ambiente donde se desarrolla el juego, y la técnica que usa el jugador para apostar, y el tipo de bebida que toma. No decir nunca que ese hombre se va a suicidar, pero escribir el cuento como si el lector ya lo supiera.
viernes, 27 de marzo de 2009
CONTO Nº 4: "O MEU VELLO", DE HEMINGWAY

- "O MEU VELLO" ("My old man"), outra vez ambientado nos hipódromos: di a lenda que a admiración de Hemingway polo conto "Quero saber por que" de Anderson levóuno a escribir este outro. Para ler en inglés este conto, preme aquí.
- "GATO BAIXO A CHUVIA" ("Cat in the rain"), unha brevísima peza, moi famosa, e terriblemente críptica, ao tempo que de difícil olvido. un dos relatos máis coñecidos del. Para ler en inglés este conto, preme aquí. E aquí se o queres ler en castelán.
- "CAMPAMENTO INDIO" ("Indian camp"), un dos primeiros co personaxe Nick Adams -alter ego de Ernest Hemingway-, de neno, acompañando ao seu pai, médico, nunha reveladora saída. Para ler este relato en castelán, preme aquí.
viernes, 20 de marzo de 2009
Reunión III (17.3.09): a paisaxe sen batalla

Nesa(s) reunión(s) falamos sobre todo do conto "Quero saber por que", do erotismo que atopamos nel de principio a fin, e, claro, da obvia presencia da homosexualidade -como tamén no outro conto, "Mans"-.
Inevitablemente na conversación recordamos o extenso fragmento que Richard Ford no seu "Prólogo" á antoloxía xa nomeada dedica a este relato, que tanto influíu nel -e en Hemingway. parece que o conto hemingwayano "O meu vello" que nós leremos no futuro está inspirado no de Anderson, tan admirado por Hemingway-, en concreto desde a páxina 18 á 21 (se non as tes vistas, é bastante recomendable que o fagas: entenderás melor os contos que esamo lendo, e os que virán). De todos os xeitos, xa comenta´ramos na reunión que a homosexualidade non pode sen embargo ser convertida na protagonita da historia. non é o punto fundamental, cremos. Neste conto no que non parece suceder gran cousa -¿realmente...?-, o que deixa certa pegada no lector é a sensación de soidade do rapaz narrador -por certo, nun estilo coloquial e cercano, como pretendía Anderson, ao modo dos relatos contados de viva voz-, a súa decepción, incredulidade e pasmo ante a actitude do entrenador do cabalo, Jerry Tillford, ao final, en definitiva, a angustia do rapaz ante o que con dificultade chega malamente a percibir da vida dos adultos, e ante iso tan intenso como incomprensible que descubre no seu interior a partires dun cruce de miradas no que cría estar por fin lonxe da súa soidade. E... non.
jueves, 12 de marzo de 2009
Preparando a reunión do 17, Martes (Anderson)

Hoxe, por variar, propoñemos outra cousa do proposto no pasado cos outros relatos. Intentaremos distinguir as partes de cada un dos contos, sen pretender tampouco buscar esquemas ríxidos ou caer nun excesivo formalismo, que non ten moito sentido nun club como éste:
- "Quero saber por que" (publicado en 1919): Na edición de Galaxia Gutenberg conta de dez páxinas. Podemos dividilo en dúas, de cinco páxinas cada unha. Na primeira parte dedícase o narrador, un dos rapaces que viaxan a Saratoga (Indiana) e que se dirixe a nós, os lectores, dedícase, dicíamos, a describir o ambiente do mundo dos cabalos, traballadores do hipódromo, etc., ao tempo que deixa caer unha serie de valoracións persoais sobre todo iso, os pura sangue, etc. O "corte" na historia prodúcese na páxina quinta, abaixo de todo, onde di "Les expliqué todo [aos seus pais, á volta] lo que habíamos hecho menos una cosa. Algo que vi e hice yo solo. De eso trata lo que escribo. Me inquietó mucho. Pienso en ello por las noches. Es lo siguiente", dous puntos, e á parte. Está claro que hai un xiro esencial, e que "a historia" comeza agora... Na páxina sete, aparece no penúltimo parágrafo Jerry Tillford. "Jerry me vio y entonces pasó algo. Os lo voy a contar", di. E o conta: o final desa páxina e o comezo da oito é talvez o momento máis intenso do relato. e aínda na oito, abaixo de todo, lemos: "Aquella noche (...) Quería estar a solas, y quería estar cerca de jerry Tillford si es que podía lograrlo. esto es lo que pasó", e entonces o relato precipítase cara a un final que devólvenos ao principio: o título do relato, relato do que tanto fala no prólogo do libro Richard Ford...
- "Mans" (publicado dentro do libro "Wineburg, Ohio", en 1919): Son oito páxinas. As catro primeiras e a quinta, deixando fóra os tres últimos parágrafos, parecen formar algo así como unha primeira parte, que transcurre no presente, contado por un narrador que non é nin o mestre, nin seu amigo. Despois hai unha volta ao pasado, ata a liña antepenúltima da sete. E despois volvemos ao presente, ata o final. É un conto máis breve que o anterior. Veremos se máis simple, e se hai similitudes co de antes...
miércoles, 11 de marzo de 2009
"E de pronto todo aclarouselle" (un ruso na corte do presidente ianqui)

Voilà! Aquí o temos, metido no peto de Anderson, debaixo do seu sombreiro, somerxido no seu tinteiro de tinta non visible. Chéjov, o único, o máis grande, o que falando cun fío de voz coloca todolos mobles da casa do conto patas arriba mentres os demais deambulamos entre eles como se non pasara... nada.
Como un segredo, o aire chejoviano pásao Sherwood Anderson a Hemingway, e aí o temos tamén en Fitzgerald, Salinger, Cheever, Carver, Wolff, o propio Richard Ford, Alice Munro... (Por non falar, xa fóra de Norteamérica, de Joyce, Mansfield, Quiroga e tantos outros...). Din os teólogos que no século XX -podes engadir o XXI, se queres- hai dous tipos de contos: os de cor kafkiana, e aí teríamos a delincuentes como Borges ou Cortázar, e a de cor chejoviana, e aí atoparíamos á maioría de mestres contistas norteamericanos dos últimos tempos.
O escritor de contos John Cheever (EE UU, 1912-82), coñecido como "o Chéjov dos suburbios", dicía que nos contos chejovianos, aparentemente, nada sucede: non busques neles asasinatos, espías roubando armas secretas ou heroicidades hollywoodienses... Pero é que Cheever, nun alarde de sensibilidade pedagóxica que lle honra, fainos ver que a pregunta máxica non é a do lector inxenuo, non pode ser "¿pasa algo (roubo, asasinato, vinganza con efectos especiais, naves espaciais en batallas galácticas)?", senón "¿é interesante?"
Contan os libros de historia do pensamento occidental que cando Descartes dixo aquilo de "cogito, ergo sum", voilà, naceu a filosofía moderna como por arte de maxia... Cando Chéjov comezou a publicar eses contos nos que non pasando nada pasa real e sutilmente... to-do, voilà, ríase vostede da filosofía moderna nos bigotes mesmos de monsieur Renato.
domingo, 8 de marzo de 2009
CONTO Nº3: "QUERO SABER POR QUE", DE SHERWOOD ANDERSON

CONTO COMPLEMENTARIO: "Mans", do mesmo autor.
Os dous contos podes atopalos na rede, tanto en inglés como en castelán (en castelán tamén tes o primeiro deles, "Quiero saber por qué", na antoloxía de Richard Ford, se a tes). Non dimos co traduccións en galego, polo que se alguén é quen de atopalas, por favor que o comunique neste blog o antes posible. Indicamos a continuación os enlaces:
- Enlace para ler "I want to know why" ("Quero saber por que"), en inglés, evidentemente.
- Enlace para ler "Quiero saber por qué" en castelán.
- Enlace para ler "Handas" ("Mans") en inglés, claro.
- O enlace para ler o conto "Manos" ("Hands"), en castelán, non acaba de aparecer, polo que ese conto será repartido fotocopiado e en man a cada membro do club. (Se alguén localiza un enlace como o que aquí buscamos sen éxito, se é tan amable, agradeceríamos moito esa información).
sábado, 7 de marzo de 2009
Reunión II (27.2.09). A batalla e a paisaxe

Sobre o primeiro, neste enlace pódese ler que a carta do dous de trevos, no póker, é a que menos valor ten en comparación coas restantes, detalle que pode explicar por que é esa e non calquera outra a escollida polo xogador que recoñece ter unha mala racha (¿pode ser peor?):
"En caso de empate con la misma carta, se toma en cuenta el palo de la carta. El ranking es: Picas, Corazones, Rombos y Tréboles; el dos de trébol es la carta más chica posible."
Sobre o segundo, o do outro conto, dicir que trátase dunha historia de amor e adulterio: Oakhurst perde a cabeza por unha muller casada, incapacitada para camiñar temporalmente, á que el axuda non só economicamente para se recuperar... Ao final as cousas non acaban demasiado ben para el -o interior dela é máis ben misterioso, e non queda claro que sinte realmente, aínda que o lector pode supoñelo...-, que volve ao mundo do xogo ferido dobremente, fisica e animicamente, despois dun patético intento de deixar ese mundo e dedicarse... ¡á traballar na bolsa por recomendación dun amigo banqueiro ao que acabará matando nun duelo a pistola por causa da muller, casada polo demais cun terceiro home que andaba certamente moi ocupado, polo que se ve!
Sobre a orixe da canción relixiosa que aparece dúas veces no relato, nada sabemos de momento, a non ser o que dixo Á. na reunión, que posiblemente sexa un fragmento dos "Salmos" da Biblia: ¿alguén pode confirmar esta suposición, por favor? Que deixe aquí un comentario, en todo caso. Gracias.
¿E que pasa con Crumb? Ben, del no se falou demasiado, pero agora e aquí propoñemos algo que podemos chamar xogo ou algo parecido. O conto de Crumb narra o devir da historia de EE UU en non demasiadas viñetas, desde o comezo dese país, ata o ano da publicación desde cómic, que cremos foi en 1979, tres anos despois do bicentenario famoso. O relato de Harte ten ugar no mes de Novembro de 1850. Se vas cara ás últimas viñetas de Crumb, a calquera das cinco do final, por exemplo, ¿serías capaz de imaxinar como contar unha historia similar á de Harte nese outro tempo histórico dos EE UU? ¿Que habería que cambiar da orixinal, para conseguir sen embargo manter o esencial do conto de Harte...? Se alguén vese con forzas para isto, que ben: que o escriba nun comentario aquí mesmo. E se hai máis dun, mellor aínda. A ver...
miércoles, 4 de marzo de 2009
Bret Harte, poeta

- Enlace número un.
- Enlace número dous.
- E non hai dous sen tres: voilà!