"BARTLEBY" (Melville): éste é o primeiro conto que leremos neste club, pois o de Hawthorne o presentamos como "complementario". Se queres acceder a "Bartleby" en inglés, preme aquí. E se queres ler o conto en castelán e non o tes, pincha neste enlace.
Temos xa marcada a reunión para o 13 de Febreiro, vernes, e nela dialogaremos sobre o conto de Melville e talvez o de Hawthorne. Propoñenos sen embargo agora unha serie de cuestións ou orientacións para mellor acceder ao relato melvilleano -sen pretender tampouco prefixar unha determinada interpretación, pois non é ése o espírito deste club, como tampouco o era o do ano pasado: queremos sempre partir das propias lecturas dos compoñentes deste grupo-. Comezamos:
- No conto e/ou no personaxe de Hawthorne, ¿pódese ver algún parecido ou semellanza cos de Melville?
- O relato está contado en primeira persoa, pero ese narrador é o avogado... ¿Ë o non é éste o protagonista do conto? ¿Cumpre o narador o seu obxectivo de narrador, ou non? ¿Por que...?
- ¿Hai un cambio especialmente significativo do narrador nalgún momento concreto da historia? ¿Cal e por que? ¿E nótase un cambio aa longo de toda historia...?
- ¿Vese o avogado a se mesmo en Bartleby, ou todo o contrario?
- O conto foi publicado en 1853, co título "Bartleby, the Scrivener: A Story of Wall Street". o termo "wall" (parede, muro) aparece unha e outra vez no relato. ¿Casualidade? ¿Onde ten B. a súa mesa?
- A mesa de B., ¿que ten dentro?
- ¿Le B. algo algunha vez? Lectura con auténtica comprensión, queremos dicir...
- ¿B. ten "interior", ou é "impenetrable", "espectro"?
- hai rumores de que B. traballaba antes na "Dead Letters Office" (literalmente traducido: Oficina das Cartas Mortas), a Oficina de Cartas non reclamadas. ¿Casuañlidade outra vez?
- O nome de bartleby, ¿terá significado buscado por Melville?
- ¿Como entender ese final, na cárcere, chamada "Tombs", e que significará ese nome?
- Ademais do narador e de B., están os outros escribentes: ¿temos opinión sobre eles?, ¿son como B., ou que?
- Tarefa para heroes e heroínas: pódese buscar na Rede un resumo, ou información sobre o diálogo "Fedro", de Platón (a escritura, a lectura), a ver...
- Varias preguntas en serie, e relacionables coa anterior de Platón: a) o oficio de copista, de escribente, ¿en que consiste?, ¿que relación ten co texto, coa letra, coa lectura?; b) ¿é igual esta relación, ou distinta, ca do escritor-novelista, ou ca do lector de literatura, coma ti? ¿Diferencias? ¿Xoga con elas Melville? (¿"Fedro"?); c) ¿que diferencias vemos entre textos como actas, historiais, testemuñas policiais, etc., e poemas ou novelas?
recorda, en calquera caso, que en poucos día (dous, tres) haberá máis información neste blog, e esperemos que xa comentarios, por que non... Un saúdo.
(Información extraída de: J.L. Pardo, "Bartleby o de la humanidad", en VV AA, Preferiría no hacerlo, en Pre-Textos, 2000. E da introducción á edición do conto na editorial Cátedra).
Nota: Se alguén, sexa quen sexa, consigue enlaces para poder ler os contos de H. e/ou M. en galego, por favor que facilite esa información nun comentario a esta entrada. Gracias.
Eu xa lin os dous contos...
ResponderEliminarPerecenme ambos moi interesantes, pero non din atopado o sentido ``estricto´´ do conto primeiro, o de ``Bartleby´´ . Non entendo esa derradeira frase de:¡Oh, Bartleby! ¡Oh, humanidad!
Estas preguntas esclareceronme varias dudas... Mais que nada porque non atopaba o sentido do texto.
A min gustoume máis o segundo o de:``Wakefield´´... pero para gustos cores.
Ata a charla do venres, que por certo é o día do meu cumpreanos(13 de Febreiro)
Adeusssssssssssss
Olaa!
ResponderEliminarEncántame este blog, e teño que dicir que tamén todos os demais: entre uns e outros xa teño unha longa lista de libros e pelis que ler e ver en canto teña tempo. O do club de lectura é unha iniciativa estupenda, aínda que me da pena que non se fixera nos meus tempos, porque ao mellor tamén tiña algúns membros máis, aínda que estas cousas sempre van pouco a pouco. De tódolos xeitos, penso ler os relatos e seguir o blog e os comentarios sempre que poida; gústame a literatura norteamericana, pero de momento non afondei demasiado nela e todas as oportunidades son boas.
Fai un tempo busquei aquel articulo de xornal de Holden Caulfield, mais, despois de mirar en caixas e caixas de papeis non o atopei. Síntoo, aínda me lembro do seu contido, pero non sei onde o puxen. Supoño que aparecerá cando non o busque.
Saúdos e ata pronto!
Resposta a Kar: Kar? What kind of kar? En fin... O misterio da última frase haberá que descifralo na reunión deste venres, entre todos, se é que ten sentido (¿uh?). Chamamos conto nº1 ao de Merlville porque o é, pero o de Hawthorne foi publicado antesw. Hai unha indubidable influencia de H. sobre Melville, tamén posiblemente en "Bartleby". Haberá que estar atentos a iso...
ResponderEliminarE se é o teu cumpre, terás o detalle...
Ata pronto. E perdón pola tardanza.
Resposta a AML: Ola; antes de nada, enhoraboa polo premio e a publicación. E logo, benvida. Que raro resulta isto, ti aquí, e tal; pero que ben. Do de Atxaga, nada: ao final resultou que a sua tese nin sequera era tan orixinal. Bastaba con ver o poema/canción que da título á novela -que está en Internet- para ver, se un quería ver... Podes velo no blog dedicado a esa novela, tamén de Biblioafonso.
ResponderEliminarBoa cousa terte por aquí no futuro, compartindo a lectura destes relatos, sempre que o desexes. Esperamos os teus comentarios. Gústame moito esta mestura de club de persoas que se reúnen nunha habitación, combinada con outras que están virtualmente, de alumnos deste ano con alumnos doutros anos, e incluso de xente que nunca pasou por aquí, ou que sí´está pero non foi alumno, e así...
Ata pronto. Non deixes de ser o máis libre posible nos teus comentarios... Un saúdo.
Por fin dei entrado no ordeador.
ResponderEliminarA min o que mais me chamou a atencion, segue sendo a actitude do avogado, e a sua "mania" de rodearse de semellantes persoaxes, igual ahi podería explicarse o porqué de que tarde tanto en tentar desacerse de Bartleby...A actitude de B. supoño k ten que ver co seu traballo nas cartas mortas, pero o sentido "global" do conto segue sendo un misterio. NA reunión falouse de como morre, do seu nome e das semellanzas co tema da relixion, dese tema pouco ou nada sei, pero polo que se dixo, parece o que mais se pode acercar a unha explicacion.
Saudos.
Seguirei d´ndolle voltas á frase de Kar...que me deixou coa intriga!
Ola, "Anónimo" (un nome moi bartlebiano, por certo). Perdoa a tardanza, pero un anda coa alma medio perdida.. É un comentario creo que moi interesante, o teu, pero lamentablemente breve de máis. Quedaches sen tinta, ¿ou?
ResponderEliminarSi, parece que o avogado, o que conta ou "intenta" contar o que quere que sexa unha historia -ver parágrafo I, por favor-, tómase a molestia de intentar un achegamento a B. Tal parece que o avogado pertence a un grupo social distinto dos seus empregados -vaia nomes, por certo-, pero tamén é certo que, a diferencia dos seus compañeiros de grupo ou escala social, quere un acercamento a B. Éste, pola súa parte, pertence á outra escala ou ao outro grupo social... Ben, ¿realmente "pertence" a ... calquera cousa? A relación, a actitude do avogado respecto a B. vai variando ao longo da historia, e nun momento aclara que a súa simpatía por B. transfórmase en medo e repulsión..., e non por egoísmo. ¿Recordas? Punto importante tamén é a relación de B. cos que parecer ser os seus iguais. ¿O son? ¿Como reacciona B. -o inenarrable- aos esforzos do avogado -o frustrado narrador dunha historia incontable-?
Escribes a palabra "manía". Que ben. Espero que alguén escriba aquí algo sobre o "Fedro" de Platón. Aí creo recordar que ai varias...
O que dis das Cartas Mortas é moi certo, penso, e debe de ser quizás relacionado con algúns termos que o avogado utiliza para falar de B., que á súa vez recordan aos utilizados polo narrador de "Wakefield" para referirse a tal personaxe.
¿O da relixión? Si, claro. Recordemos: o nome de B. ten que ver con Bartolomé, o apostol --e unha hipótese-; cando B. sae da casa cara á cárcere, o segue unha multitude; cando está na cárcere e chega o avogado, éste cóntalle ao funcionario que B. non é culpable. Despois, cando se di que está no patio fronte ao muro advítese que hai ventás, e nelas asasinos e ladróns... Parece razonable pensar que ao mellor hai un parecido co certo personaxe... bíblico. Outra cousa sería como interpretar isto. Desde logo, dicir que B. simplemente está tolo e iso é todo, non parece convincente. Realmente este conto é un misterio, un enigma. Por so quedará na nosa memoria, deixando pegada en nós. E iso é... o que pretendíamos. (Creo).
Un saúdo. Se contestas, que ben. E se non estás de acordo, pois falamos...