jueves, 19 de febrero de 2009

Preparando a reunión do 27 (sobre Harte)

Nesta nova entrada queremos suxerir algunhas cousas de cara á próxima reunión:
  1. Consideramos conveniente ler o conto de Harte máis dunha vez, e con calma, evitando facelo o día anterior precipitadamente.
  2. Suxerimos pensar noutras historias que ti vexas semellantes a ésta (películas, novelas, contos, anécdotas, cómics...). Prepara algo isto, se ves que da de si.
  3. Visitar este blog de cando en vez, especialmente inmediatamente antes da lectura, e un ou dous días antes da reunión. Métete nel, pero de forma activa: deixa os teus comentarios. sobre os contos da reunión anterior, sobre os da seguinte, sobre os comentarios doutras persoas... É importante. Por favor. o blog é de todos.
  4. Talvez ver a vella película de John Ford "La diligencia" ("The Stagecoach"), baseada nun conto do francés Maupassant, pero agora ambientada no Oeste, talvez non veña mal... É un clásico. En YouTube podes atopala (propoñemos este enlace, en inglés, con subtítulos, pero haina doblada). É a de 1939, de John Ford. Non escollas outra versión.
  5. ELEMENTOS DO CONTO DE HARTE QUE É IMPORTANTE TER PRESENTES:
  • Fenómenos ou elementos naturais con significados esenciais no desenvolvemento da historia: neve, sol, lúa, vento, frío, cor do ceo, o círculo de neve crecento arredor da casa...
  • Os nomes dos personaxes e dos lugares... Dicionario de inglés en man, ou tirando do que atopes na Rede, claro. ¿Non se chama "Madre" unha das mulleres? ¿E o rapaz e a rapaza, non posúen sobrenomes? Etc.
  • Valor simbólico dos lugares e/ou obxectos: a montaña da que non poden saír; a casa a medio facer; o círculo de neve; as rochas...
  • A xerga ou argot do xogador, ¿é só algo pintoresco para dar cor, ou ten algo máis dentro? ¿Que, en todo caso? (Hai que buscar onde aparece, ben é certo. Soe ser así, a cousa...).
  • A parella que chega pola súa conta: a súa relación, os seus caracteres... ¿Xogan algún papel simbólico no relato? ¿Talvez en contraposición ao resto de personaxes? Por certo, ¿cambian estes últimos coa chegada dos rapaces...?
  • A canción (e a súa letra), a música, os contos da Ilíada (o pai de Harte era profesor de grego)... ¿De que personaxes proceden? ¿Que pode significar?
  • ¿Que pasa co alcohol na montaña?
  • A morte (¿sacrificio?) de "Madre"...
  • A Duquesa ruborízase dúas veces no conto. Dúas. A ver...
  • Ao final, as dúas mulleres, xuntas, ¿rezan, ou non, e por que? ¿E que, con isto?
  • Cando ambas son atopadas, ¿como as atopan? ¿Que chama a atención diso? ¿Significará algo, ou será que Harte era máis ben un tipo con tendencia ao capricho? ¿Hmn?
  • A imaxe que tanto gusta a Borges -ver entrada anterior-, a do naipe pinchado na árbore: ¿é só unha cartulina posta nun tronco, ou ten máis que dicir, o naipe de marras?( Por certo, ¿cres que poderás olvidar esa imaxe nalgún momento do resto da túa vida...?).
  • ¿Seríamos capaces -debe de ser difícil, pero non imposible- de ver algún vínculo entre o conto de Harte e o do noso contemporáneo Crumb? ¿Si...? Ánimo.
En realidade, xa sabes, todas estas cuestións sobran se un le con interese e atención o relato. Só é unha idea...

5 comentarios:

  1. Ola !!

    A verdade é que as entradas do blog son de gran axuda para enteder o texto ^_^
    A min, persoalmente, gustome o relato de Harte, sobre todo esa última escena(ten razón D.F., sera moi dificil esquecela ``(...)el dos de tréboles clavado en la corteza con un cuchillo de caza(...)´´)que é boisima.

    En canto o cómic de Crumb `` A short history of America´´ (pensei que era máis longo...), vese bastante ben o avance da sociedade e de como vai cabiando segundo as necesidades das persoas, ¿non sei se sera ese o ``nexo´´ de unión entre ambos contos ? ou ¿errei na miña interpretación do cómic de Crumb ?

    Para despexar dúbidas e compartir a experincia a ver se chega pronto a reunión (ainda que se necesitan eses días de descanso dos exames, bufff)

    Ata pronto, adéus.

    P.S: Confundín o principio (é para que non lle pase a máis xente) ``short history´´ (pequena historia), con ``short story´´ (conto), do comic de Crumb ``A short history of America´´. Ler deprisa non é bo ... ^_^

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Kar, polo comentario e por tardar pouco en facelo... A ver os demais se van tomando nota, incluídos os extraterrestres, que os vexo un tanto parados...
    Polo que vexo, a ti vante as últimas frases dos contos, ¿ou? Xa co de Melville falabas da extraña frase final, que segundo ti habería que "partir" en dous para entendela (¿seguro, Kar?; ¿non tería máis sentido sen facer tal división?). Agora quedas coa imaxe xa sinalada por Borges. Pregúntome se o feito de que sexa esa carta -ese número, ese pao- e non calquera outra ten un significado... Seguramente non; seguramente é que o autor é caprichoso de máis, ou tiña un naipe como ése no bolso da súa tía nese momento; ou estaba tolo, como Bartleby, que diría un que eu me sei.
    No que se refire a esperar a reunión para falar das dúbidas e compartir experiencias, paréceme ben, pero non entendo por que non ir facendo xa algo diso aquí, no blog, que tamén forma parte do club, e permite ademais atraer aos que están mirando e non poden estar presents fisicamente nas reunións. ¿Por que non contar aquí esas impresións, e discutilas? Non entendo por que non. E non só no que se refire a Harte ou Crumb, senón ao que se refire a Hawthorne ou Melville. Moitas veces as ideas chégannos días despois, non necesariamente o día da reunión, que tampuoco temos por que sacralizar: ¿por que considerar que a discusión sobre "Bartleby" non se pode continuar... no mes de Abril, aquí, nesta bitácoa?
    Pois iso, Kar, a seguir dándole ao conto dos contos, a ver...
    Ah: gracias outra vez, e un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Boas!
    Perdon por tardar en pasarme por qui...xa che dixen que non sabia que poñer...supoño que no estou acostumada a este tipo de literatura e por iso non me acaban de convencer, peor tamen atopo o segundo moito mellor que o primeiro, que sigo sen atoparlle todo o sentido xD, asi que espero que a evolucion sexa positiva jaja

    e respecto o comic, pareceme moi interesante e supoño que dalgun modo encaixa co libro xa que os dous falan da evolucion de norteamerica e da sua degradacion...

    nada máis... ata a proxima reunion!

    ResponderEliminar
  4. Resposta ao "Anónimo": Benvida, sexa como sexa, e sexas quen sexas... ¿Todo o sentido? Humm... Fai un par de días, falando cunha amiga, comentábamos que non parece posible dar co sentido completo, definitivo ou monolítico dun soño, dun mito ou dunha auténtica obra de arte, nin falta que fai... ¿Miraches a cita de Tobias Wolff que está ao comezo deste blog, arriba, á dereita? Bota unha ollada, a min paréceme moi lúcido. "Bartleby" permanecerá na nosa memoria moito máis tempo que cantidade de relatos ou películas máis facilmente entendibles, sen dúbida. Eu non estaría demasiado obsesionado con aprehender "todo" o sentido dun relato, pero si disposto, moi disposto, a deixarme enganchar pola forza e misterio dun conto que, sen apresalo de todo, atraeme, e penetra no meu interior tomando asento na miña memoria, como un recordo vivido. (Ou algo así, vaia).
    En canto ao de Harte, efectivamente é diferente, escrito con outro estilo, se queres máis sinxelo. Pero ten tamén as súas cousas, e merece a pena darlle un par de voltas a segundo que detalles (¿a carta?, ¿a canción relixiosa?, ¿a disposición das rochas?, ¿a...?).
    Volve pronto. Un saúdo. (E "A dilixencia" merece a pena...).

    ResponderEliminar
  5. Mensaxe a nosa seguidora Hadex:
    Benvida tamén a este blog, Hadex. Acabamos practicamente de comezar, e podes unirte ao club. Todos os contos serán incluídos nas correspondentes entradas a medida que avancemos, vía enlace. O próximo autor será Sherwood Anderson, e pronto teremos a entrada co relato indicado.
    Un saúdo e de novo benvida. Esperamos os teus comentarios, por descontado.

    ResponderEliminar