miércoles, 18 de febrero de 2009

CONTO Nº2: "OS PROSCRITOS DE POKER FLAT", DE BRET HARTE

"OS PROSCRITOS DE POKER FLAT": Para a próxima reunión, do día 27 deste mes, propoñemos a lectura doutro famoso conto, neste caso de Bret Harte (1839-1902): "Os proscritos de Poker Flat", o seu relato máis recoñecido, publicado no seu libro Bocetos californianos. Para poder baixar este conto en castelán, preme neste enlace (se o queres en inglés, baixa ata o parágrafo III desta mesma entrada). Se alguén sabe como conseguilo en galego, que o diga, por favor.

"A SHORT HISTORY OF AMERICA" (1979): Como "relato" complementario propñemos nesta ocasión... un cómic. Do norteamericano Robert Crumb. Ofrecemos varios enlaces para poder velo na Rede de diferentes xeitos.

Comecemos co relato de Harte: Antes que nada, aquí tes o enlace para poder ler o conto en inglés . Agora parécenos ben facilitar este outro que leva a un breve e claro artigo de Bartolomé Leal, titulado "Bret Harte. el padre del western" . Recomendamola la lectura deste artigo pola súa claridade e a súa información. (Vale, para fans da Wikipedia, aquí a tes tamén). Non olvides tampouco que ao final do libro antologado por Richard Ford -ver a entrada primeira deste blog- podes atopar información básica sobre o autor de cada un dos relatos do libro.
En 1945, o admirado Jorge Luis Borges publicou o xa famoso "Prólogo" ao libro de Harte, Bocetos californianos. escoleremos agora fragmentos deste prólogo que consideramos de interese, se che parece. Intentamos localizar este escrito borgeano na Rede, sen resultado (se alguén é capaz de facelo, que silbe):
"El romanticismo de Harte no comporta un falseo. A diferencia de otras doctrinas, el romanticismo fue mucho más que un estilo pictórico o literario; fue un estilo vital. Su historia puede prescindir de las obras de Byron, pero no de su vida tumultuosa y de su muerte resplandeciente. El destino de los héroes de Victor Hugo abusa de la inverosimilitud; también abusó de ella el destino del teniente de artillería Bonaparte. Si Bret Harte fue romántico, también lo fue la realidad que sus naraciones historian: el hondo continente que abarcó tantas mitologías, (...) del oro occidental y de los bisontes detrás de las puestas de sol, de los ansiosos laberintos de Poe y de la gran voz de Walt Whitman."
"(...) Dickens leyó (...) el irresistible , el tal vez imperecedero "Outcasts of Poker Flat" ["Os proscritos de Poker Flat"]. Descubrió en el estilo de su escritura alguna afinidad con el suyo, pero profusamente alabó
"los finos toques de carácter, la frescura del tema, la ejecución magistral, la milagrosa realidad del conjunto" (John Foster, The Life of Charles Dickens, II, 7)."
"(...) Una facultad que Bret Harte comparte con Chesterton y con Stevenson: la invención (y la enérgica fijación9 de memorables rasgos visuales. Acaso el más extraño y feliz es éste que leí a los doce años y que me acompañará, bien lo sé, hasta el fin del camino: el blanco y negro naipe clavado por la firme navaja en el tronco del árbol monumental, sobre el cadáver de John Oakhurst, tahúr."

En canto ao "conto" complementario, propoñemos hoxe non un relato escrito, senón un cómic do debuxante norteamericano Robert Crumb, que será o primeiro dunha non demasiado extensa serie, pero esperamos que si representativa dese outro medio de expresión, neste caso creado polos estadounidenses, do mesmo modo que crearon o jazz, o cine tal e como hoxe o coñecemos ou o rock´n´roll. Ben é certo que posiblemente non haxa unha relación moi íntima entre o relato de Harte e o de Crumb, pero tampouco parecen totalmente alleos o un doutro. Ofrecemos varios enlaces para poder ver de modos diferentes este breve relato crumbiano. Xa discutiremos cal agrada máis. aclaremos que en orixe esta historia foi pensada para ser publicada en branco e negro. Tamén está en YouTube.

NOTA: Por favor, permanece atento a este blog. Nun par de días ao sumo, atoparás nel crta información para facilitar a lectura do conto de Harte. Gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario