
"WAKEFIELD" (Hawthorne): Contamos cun relato complementario, "Wakefield", de
Hawthorne, publicado antes que "Bartleby". Se queres o conto
"Wakefield" en castelán, preme aquí. Se o queres ler en inglés, preme
neste outro enlace. E se buscas información sobre ese conto, talvez
se premes aquí atopes o que queres. este conto podes lelo antes de ler o de Melville, ou despois. Hai unha certa influencia de Hawthorne sobre melville (ademais, eran amigos e veciños), e posiblemente deste conto sobre o outro.
"BARTLEBY" (Melville): éste é o primeiro conto que leremos neste club, pois o de Hawthorne o presentamos como "complementario". Se queres acceder a "Bartleby"
en inglés, preme aquí. E se queres ler
o conto en castelán e non o tes, pincha neste enlace.
Temos xa marcada a reunión para o 13 de Febreiro, vernes, e nela dialogaremos sobre o conto de Melville e talvez o de Hawthorne. Propoñenos sen embargo agora unha serie de cuestións ou orientacións para mellor acceder ao relato melvilleano -sen pretender tampouco prefixar unha determinada interpretación, pois non é ése o espírito deste club, como tampouco o era o do ano pasado: queremos sempre partir das propias lecturas dos compoñentes deste grupo-. Comezamos:
- No conto e/ou no personaxe de Hawthorne, ¿pódese ver algún parecido ou semellanza cos de Melville?
- O relato está contado en primeira persoa, pero ese narrador é o avogado... ¿Ë o non é éste o protagonista do conto? ¿Cumpre o narador o seu obxectivo de narrador, ou non? ¿Por que...?
- ¿Hai un cambio especialmente significativo do narrador nalgún momento concreto da historia? ¿Cal e por que? ¿E nótase un cambio aa longo de toda historia...?
- ¿Vese o avogado a se mesmo en Bartleby, ou todo o contrario?
- O conto foi publicado en 1853, co título "Bartleby, the Scrivener: A Story of Wall Street". o termo "wall" (parede, muro) aparece unha e outra vez no relato. ¿Casualidade? ¿Onde ten B. a súa mesa?
- A mesa de B., ¿que ten dentro?
- ¿Le B. algo algunha vez? Lectura con auténtica comprensión, queremos dicir...
- ¿B. ten "interior", ou é "impenetrable", "espectro"?
- hai rumores de que B. traballaba antes na "Dead Letters Office" (literalmente traducido: Oficina das Cartas Mortas), a Oficina de Cartas non reclamadas. ¿Casuañlidade outra vez?
- O nome de bartleby, ¿terá significado buscado por Melville?
- ¿Como entender ese final, na cárcere, chamada "Tombs", e que significará ese nome?
- Ademais do narador e de B., están os outros escribentes: ¿temos opinión sobre eles?, ¿son como B., ou que?
- Tarefa para heroes e heroínas: pódese buscar na Rede un resumo, ou información sobre o diálogo "Fedro", de Platón (a escritura, a lectura), a ver...
- Varias preguntas en serie, e relacionables coa anterior de Platón: a) o oficio de copista, de escribente, ¿en que consiste?, ¿que relación ten co texto, coa letra, coa lectura?; b) ¿é igual esta relación, ou distinta, ca do escritor-novelista, ou ca do lector de literatura, coma ti? ¿Diferencias? ¿Xoga con elas Melville? (¿"Fedro"?); c) ¿que diferencias vemos entre textos como actas, historiais, testemuñas policiais, etc., e poemas ou novelas?
Ben, probablemente xa é máis que suficiente. Colle as que desexaes, ou nngunha. En realidade, coa túa lectura atenta chega.
recorda, en calquera caso, que en poucos día (dous, tres) haberá máis información neste blog, e esperemos que xa comentarios, por que non... Un saúdo.
(Información extraída de: J.L. Pardo, "Bartleby o de la humanidad", en VV AA,
Preferiría no hacerlo, en Pre-Textos, 2000. E da introducción á edición do conto na editorial Cátedra).
Nota: Se alguén, sexa quen sexa, consigue enlaces para poder ler os contos de H. e/ou M. en galego, por favor que facilite esa información nun comentario a esta entrada. Gracias.