lunes, 27 de abril de 2009

Tomine na rede

Ofrecemos aquí outra serie de enlaces, agora de Adrian Tomine, o compañeiro de viaxe de Salinger na próxima reunión deste club. vaia por diante xa o que leva á web oficial deste debuxante que tamén publica ilustracións na recoñecida revista de literatura "The New Yorker", na que tantos escritores de relatos publicaron tantas cousas, entre eles o mesmo Salinger.
Ben, e tamén engadimos outros vinculos nos que podes ler información sobre Tomine, ou críticas ás súas obras. Pode que para ti sexa un completo descoñecido, pero no mundo do cómic, e non só no do seu país, EE UU, é hoxe un dos autores máis recoñecidos do así chamado cómic "indie", e un dos debuxantes-guionistas con máis prometedor futuro. Por exemplo, éste. Ou este outro sobre a súa última obra publicada en castelán fai pouco. Do you speak english? E maís que podes buscar ti na rede...

2 comentarios:

  1. Gracias por el link.
    El lector de comics

    ResponderEliminar
  2. Respuesta con retraso, y perdón: Gracias a ti, por supuesto. Un saludo y enhorabuena por tu trabajo.

    ResponderEliminar