lunes, 25 de mayo de 2009

Reunión V (22.5.09): os peixes e os pais

Finalmente, e sen a presencia xa dos alumnos de segundo de bacharelato, metidos como estaban nesas datas no seu propio inferno de final de curso, reunímonos soamente tres persoas, posto que as outras non puideron esa presentes por diferentes razóns. Falamos do conto de Carver e dos relatos de Tomine.
Dos dous cóics de Tomine destacamos a súa rareza se os comparamos co que poderíamos chamar os cómics convencionais. Pódese dicir que son distintos, certo. Pero en realidade non tanto, se un é conciente do que son os cómics de xente xa veterana como Robert Crumb, Daniel Clowes, Seth, Juliet Doucet, Chris ware, Joe Matt, Chester Brown, Art Spiegelman, etc., por tan só citar autores "indies" estadounidenses ou canadianos, por aquilo da natureza deste club-blog. Información de todos eles a tes en Internet, e obras publicadas en castelán, tamén, desde fai bastantes anos: están esperando por ti na nosa biblioteca, en outras bibliotecas e en librerías especializads en cómics, ou non. Existen, vaia.
Tamen dos relatos de Tomine destacamos a súa aparentemente extraña maneira de (non) acabar, pero é que o primeiro tomine, e estes relatos son dese comezo deste autor, estaban moi coloreados do estilo de Carver ( é dicir, do estilo de Chéjov, que é de onde Carver o toma).
En canto ao protagonista da reunión, o conto do propio Carver, centrámonos en discutir, por exemplo, sobre quen era realmente o personaxe principal do relato: ¿o neno que xa no o é e conta a historia?, ¿o pai do narrador, tedo en conta o título do conto e o seu comezo e final?, ¿Dummy?,... Invertimos igualmente un certo tempo en falar de cal era a intención de carver con este conto, que pretendía en realidade tranmitirnos con tal historia. ¿Fala da relación entre o fillo co pai, ou do pai co seu extraño amigo, ou implemente do cambio sufrido por Dummy, ou...? Entre unha cousa e outra, fumos ca´ndo na conta da repetición un tanto chocante do número tres no relato, e da importancia das mirads e os ollos (de Dumy da súa mller, dos peixes, da vaca morta,...), talvez relacionado isto co feito de que Dumy é mudo.
Naturalmente. pelexamos unha vez máis coas suxestivas pero non sempre fáciles teses do amigo Piglia (¡e sobrevivimos e todo!). En fin, listos para a seguinte: ¡Tobias Wolff!

No hay comentarios:

Publicar un comentario