lunes, 18 de mayo de 2009

Carver na sala escura


No ano 1993, o cineasta norteamericano Robert Altman filma a película "Short cuts" ("Vidas cruzadas", na versión en castelán), na que é reesponsable non só da dirección, senón tamén , xunto con F. Barthydt, do guión, que está baseado nun conxunto de historia cortas de Carver, en principio independentes unhas das outras.
O éxito da película trouxo consigo unha posterior edición doutro libro de Carver, que contiña as historias orixinais escollidas por Altman e Barthydt, a modo de antoloxía ou cousa parecida. Tamén foi publicado en castelán, e aínda é posible atopalo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario