jueves, 29 de enero de 2009

Presentación do club e do blog

Benvidos a este club de lectura e a este blog. O curso pasado dedicámolo a El señor de las moscas e a O vixía no centeo. Éste dedicarémolo a "short stories" norteamericanas orixinalmente escritas en inglés (EE UU, Canadá). Queremos centrarnos nos contistas do s. XX (Carver, Wolff, Ford, Munro, Kincaid...) e na pegada que o escritor ruso Chéjov deixa sobre eles. Pero tamén ver algo do XIX, que é cando nace o conto norteamericano: Inving, hawthorne, Poe, Melville, Twain... Non veremos moito deste século, sen embargo, e -¡oh, anatema!- deixaremos fóra ao divino ¡Poe! ¿Por que? Porque interésanos o XX, porque Poe é un autor probablemente xa coñecido por todos, porque ao mellor os seus contos están demasiado vinculados aos xéneros (policial, de terror) e nós buscamos algo maís.. ambiguo... Non será en todo caso único deus en faltar, por certo).
Seguiremos, en principio, a selccción de Richard Ford, Antología del cuento norteamericano (Galaxia Gutenberg, barcelona, 2002), mais só como referencia, non como a palabra de Deus -¿existe Deus no mundo literario?, ¿fala?, ¿e se o fai, mantén a súa palabra?-. non sempre le faremos caso (por certo, Mr. ford, ¿durme un ben cando se autoinclúe un mesmo na mencionada antoloxía...?).
O blog: Se no club somos, de momento, sete persoas -talvez oito-, no blog poden participar os que queiran, extraterestres incluídos. De feito, recibimos xa certas promesas alieníxenas...
Para introducir comentarios non fai falta nin ter conta, nin firmar senón coas iniciais ou un pseudónmo. (Se algún membro do club quere chegar a escribir el mesmo unha entrada, só ten que falar co coordinador do club e facilitar o seu correo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario