"(...) A Malmcolm Lowry le impresionó bastante la lectura de algunos ensayos de Ortega y Gasset; impresión (...) que gira en torno a la idea de Ortega sobre el hombre concebido como novelista de sí mismo, autor de su propia vida, idea que parecía darle a él, Malcolm Lowry, cierto soporte filosófico, que parecía constituir una cierta racionalización de su propia experiencia de escritor, continuamente abocado a realizar en su propia vida los engendros de su ficción y a ficcionalizar en sus libros los engendros de su propia realidad."
(Jorge Semprún, "Prólogo" a El volcán, el mezcal, los comisarios... (Dos cartas), de Malmcolm Lowry, en Tusquets Eds., 1980)
"Tendo a recordar as cousas do pasado de forma narrativa, en forma de conto ["story"], e crecín rodeado de xente que contaba contos todo o tempo. Deste xeito transmitían eles o que les sucedera. Todos nós tendemos a facelo así, chegar a casa ao final do día e contar o conto sobre o que nos sucedeu. (...) A maioría de nós non vivimos as vidas que se prestan á expresión novelística, debido a que as nosas vidas están fragmentadas así. No lugar do largo arco da experiencia, esa continua unión que está implícita nunha novela, existen estes momentos."
En realidade aínda deberíamos engadir algo a estes dous textos, por clarificar algo máis a cousa: a vida como novela de Ortega mira cara adiante, ao futuro: o home que escollendo faise a si mesmo día a día, capítulo a capítulo, sabendo que a última páxina existe, e quedará sen completar... En cambio, a vida como contos-fragmentos-recordos de Wolff mira cara ao pasado, á sensación que chega de novo en forma de recordo, de fragmento recuperado...
Onte tivemos a reunión sobre o conto de Tobias Wolff. Certamente non cremos que sexa o seu mellor conto, pero si que, dadas as nosas circunstancias, era uin dos que podían adaptarse mellor ao noso club (ou non).
¿Cal era en realidade o tema deste conto...? Ben, o propio TW recoñece nesa entrevista da que falabamos nas anteriores entradas que tarda sobre seis semanas en terminar un conto, e que a mitade dese tempo é o que necesita para saber... de que trata ese relato en realidade. De modo que non sexamos demasiado esixentes con nós mesmos: pode levarnos un certo tempo, ¿non? E iso supoñendo que no relato exista iso que damos en chamar "o tema", pois xa Luisfer Romero advertíanos sobre tal cousa, se o buscado é unha mensaxe ou crimen parecido...
As cuestións debatidas nesta reunión foron as esperadas: ¿traiciona Gilbert ao seu amigo, ou non se pode falar exactamentre de traición?; ¿por que ese extraño final co do cambio da cor da pintura, de branca a vermella, nada menos?, ¿é normal que Rafe se vaia co seu papi a Canadá a pescar en Agosto, cando leva coa súa noiva só dous meses e en breve deberá ir a Yale, á universidade, ou indica falta de interese, consciente ou inconscientemente?; coa frase do comezo do conto, ¿quéresenos dicir que hai ou pode haber unha xustificación para o que Gilbert pensa facer sen dúbida?; ¿ten o relato un final tan aberto como algúns pretenden, ou está bastante claro o que vai suceder a continuación?; ¿pretende dicirnos TW que non hai libre albedrío, e que somos dirixidos polo desexo máis alá das nosas pretensións racionalizadoras?; ¿ou pretende dicir que unha persoa namorada débese ao seu sentuimento, á súa propia verdade (en todo caso compartida pola outra persoa implicada) e non debe -"non debe"- atender a outra lóxica, porque sería traicionar á persoa amada e a si mismo?; ¿TW soamente quere contar algo para que o lector pase o rato e cdarlle tantas voltas é perder o tempo, e mellor será para todos cambiar de conversación?; ¿uh...?
Pese ás protestas de S., sempre tan crítico, a verdade é que TW distingue sete fragmentos no relato, e no quinto Gilbert aparece completamente so, falando consigo mesmo, como quen di, e aí probablemente dase o momento clave ou un dos fundamentais do relato, cando Gilbert pensa sobre a traición, etc. (lembremos o parágrafo co que termina ese quinto fragmento). Un tende a pensar -¡en fin...!- que Gilbert, no seu namoramento, sufre un proceso de desenmascaramento: a súa máscara vai caendo pouco a pouco en tanto a súa relación con ela progresa: cae a súa pátina de finxido cinismo, cae a da súa suposta seguridade cara ao seu futuro na universidade, cae a da súa crenza nunha honestidade interior por debaixo do seu xogo de escepticismo moral, cae a fortaleza -outra vez suposta- das boas razóns e principios ante a forza do que sinte e quere con toda a súa alma... Vale. Moi ben. Pero, ¿traiciona ao seu amigo si ou non, a pesar de todio iso? ¿Traiciónase a si mesmo...? ¿Ou será máis ben que Gilbert é precisamente agora, e non antes, unha persoa dunha limpa e brillante sinceridade e honestidade...? ¿E desde onde hai que ver esta actitude ou estas actitudes? ¿Desde onde...?
(A todo isto, ¿non estaremos cargando sobre Gilbert todo o peso da situación, olvidadndo a de ela -¿ambigua?, ¿pasiva en exceso...?- e a de Rafe -¿ti iríaste a pescar con papi nunha situación como a súa?, ¿por que o seu papi ten ese interese por levalo fóra do país, e por que el acepta con toda naturalidade, como pode un ver na escena na que prepara a súa maleta?-. Pode que esteamos demasiado dirixidos neste punto polo feito de que o narrador, que non é Gilbert pero ás veces parece selo, conta a historia desde a perspectiva deste...).
"Driving in your car..."
Contaba o propio Tobias Wolff fai anos, cando o seu amigo Carver xa morrera, que ambos mantiñan unha estreita amizade. Nunha entrevista que por algunha razón un non é capaz de atopar pola selva da súa casa (...), Wolff dicía que anos atrás Carver estaba moi preocupado porque a súa filla tiña un noivo moi poco recomendable a ollos do seu pai. Xa non recorda un o porque: talvez drogas, talvez outra cousa... O caso é que ambos amigos decidiron planificar a morte dese suxeito tan perigoso, morte que evidentemente non sería... "natural". A cousa co paso do tempo quedou en nada, probablemente porque o amor dela polo cadáver de permiso foi morrendo para así evitar a morte de Romeo. Anos despois ambos escritores decidiron convertir esta historia nun guión cinematográfico, e como tal o presentaron polo menos a unha productora. O guión lles foi devolto porque resultaba... "pouco creíble". Así o contou TW. Ou así recorda un que o contara TW...
Falabamos o outro día -primeira entrada dedicada a Tobias Wolff, ao final- dunha entrevista con Wolff das moitas existentes na rede (ou "na nube", como xa se escoita). Está en inglés e titúlase "The Salon Interview. Tobias Wolff", e ten dúas páxinas, con posibilidade de traducción automática (é dicir, traumática) ao castelán. A entrevista non ten desperdicio, desde logo, e o autor vai deixando caer perla tras perla. Así que podemos agora destacar ou comenatar algunha que outra, animándovos a lela completa pola vosa conta...
Cabe destacar xa de entrada o gran concepto que ten, como o xa desaparecido amigo seu Ray Carver, e o tamén amigo e vivo e ben vivo, Richard Ford, o gran concepto, dicíamos, dos contos de Chéjov, de quen recorda un extraordinario relato cuxo título non di: "Gusev" (1890). Este conto non acaba de aparecer na rede senón en inglés (pero con traducción automática-traumática ao castelán, se queres: preme aquí ou acá, respectivamente). O fragmento do que fala TW son os seis derradeiros parágrafos desta versión en inglés, e os mesmos na súa pésima traducción ao castelán (na edición de ed. Aguilar non chega a páxina e media).
Tamén chama a atención, e moito -se ben non é o primeiro en decilo-, que relacione o espírito do conto máis ben co do poema que co da novela...
Ou o que di sobre a dificultade que moita xente atopa na lectura de contos fronte á lectura de novelas (sendo como son máis extensas): tales persoas non len contos polo mesmo que non len poemas. Os relatos cortos dos grandes escritores (Maupasant, Chéjov, Carver, Alice Munro,...) non posúen finais "claros", non o din "todo", piden unha certa "implicación" por parte dun lector "activo". Eses lectores queren o "peche" que acostuman atopar nas novelas que len (un engade: dun certo tipo de novelas, ou talvez de historias vistas cada día en certos films ou telefilms).
O propio TW recoñece que lévalle dúas ou tres semanas saber de qué trata en realidade o novo conto que estea a escribir (rematalo, o dobre). Significativo, ¿non?
Tamén chega a dicir que as persoas tendemos a pensar a nosa vida episodicamente, de modo fragmentario, como se foran relatos cortos, polo que no a pensamos segundo a expresión narrativa típica da novela. Iso incita á reflexión... Pero é que engade algo máis, que pode explicar por que hai tantos escritores estadounidenses de "shot stories": relaciona un certo sedentarismo da xente en Inglatera co éxito alí da novela, e o costume dunha gran maioría da poboación estadounidense a desprzarse moi a miúdo co éxito do realto corto en EE UU. Interesante idea...
O dito. Unha entrevista chea de pistas para mellor comprender a un dos mellores escritores de contos norteamericanos da actualidade. Non tan famoso como Carver ou Ford. Quen sabe por que; haberá que preguntalo a algún gurú do mundo editorial, sexa mundial, sexa español. Misterios...
" Los relatos de Wolff, como los de Carver, no están provistos de un final sorpresivo, no tienen por qué poseer un significado rebuscado, alegórico o metafísico. Es la sensación lo que les importa. La impresión. No quieren transmitir al lector un mensaje, una moraleja,sino un recuerdo; como digo, una sensación."
Tobias Wolff é fundamentalmente un escritor de "shot stories", certamente, pero ten tamén a sú vertente como novelista. En concreto, en Vida de este chico, como en outras obras del, atopamos un rrealato novelado dunha época da súa propia vida (neste caso, a infancia e a adolñescencia coa súa nai, divorciada e buscando traballo en diferentes puntos dos EstadosnUnidos). O libro, que é moi bo, tivo no seu día unha coñecida versión cinematográfica, se ben parece que non moi conseguida e que queda por debaixo da "novela" (más ben, relato autobiográfico novelado). Ecco...
"Éstas eran las razones, y eran buenas razones, pero Gilbert no podía utilizarlas. Sabía que haría lo que iba a hacer vaunque Rafe se quedara y fuera a la misma universidad que él o aunque Mary Ann fuera más calculadora. Las razones siempre tenían un objetivo, aparentar que había una lucha entre los buenos principioos y el deseo. Pero no había habido lucha alguna. Los buenos principios funcionaban sólo hasta que descubrías lo que querías por encima de todo."
(Tobias Wolff, "Dos chicos y una chica", páxina 172, en La noche en cuestión, Alfaguara, 2000. Traducción de Pilar Vázquez)
"Hai algo na esencia do relato que fai que, cando é bo de verdade, continúe resoando na nosa conciencia moito tempo despois de que terminemos de lelo. (...) É moi similar ao recordo que deixa en nós unha experiencia que vivimos. (...) Coma se tratásese de algo que nos ocorreu. (...) É coma se de súpeto recordásemos algo. Coa novela non ocorre iso." (Tobias Wolff, El País, 7.5.05)