domingo, 7 de junio de 2009

Outra lenda urbana

Contaba o propio Tobias Wolff fai anos, cando o seu amigo Carver xa morrera, que ambos mantiñan unha estreita amizade. Nunha entrevista que por algunha razón un non é capaz de atopar pola selva da súa casa (...), Wolff dicía que anos atrás Carver estaba moi preocupado porque a súa filla tiña un noivo moi poco recomendable a ollos do seu pai. Xa non recorda un o porque: talvez drogas, talvez outra cousa... O caso é que ambos amigos decidiron planificar a morte dese suxeito tan perigoso, morte que evidentemente non sería... "natural". A cousa co paso do tempo quedou en nada, probablemente porque o amor dela polo cadáver de permiso foi morrendo para así evitar a morte de Romeo. Anos despois ambos escritores decidiron convertir esta historia nun guión cinematográfico, e como tal o presentaron polo menos a unha productora. O guión lles foi devolto porque resultaba... "pouco creíble".
Así o contou TW. Ou así recorda un que o contara TW...

No hay comentarios:

Publicar un comentario