martes, 2 de junio de 2009

CONTO Nº 7: "DOUS MOZOS E UNHA MOZA", DE TOBIAS WOLFF

Para a próxima reunión, do luns día 8 de Xuño, á hora de sempre e no sitio de costume, temos un conto dun dos escritores de "short stories" estadounidenses máis importantes da actualidade, Tobias Wolff, se ben incomprensibklemente no noso país non alcanzou aínda a fama dos seus amigos Ray Carver e Richard Ford (o autor da antoloxía coa que comezamos este club-blog, e que fomos pouco a pouco deixando). Os tres amigos formaban grupo -evitaremos a posta introducir aquí a correspondente etiquetiña clasificadora porque neste club non somos moi amigos delas, e menos desa-, e os tres compartían -e os dous que quedan vivos seguen compartindo- a súa admiración polo que consideran o seu mestre e mentor: Antón Chéjov, o espirito deste club, a gran influencia, recoñecida ou non, da maiorían dos contistas norteamericanos en inglés.
De Wolff escollemos este conto, de 1996, incluído no libro de relatos La noche en cuestión (Alfaguara), se ben na antoloxía que tes na túa casa podes ler tamén outro conto máis del ("El otro Miller"). Na rede disopoñemos igualmente de algunha cousa en castelán e en inglés, e aauí tes pois estes enlaces, por se apetece nun momento dado:
  • Enlace para acceder ao conto "Powder" ("Po").
  • Enlace para o conto "The Deposition" ("A declaración"), do último libro publicado, recentemente chegado ás librrerías en España co título de Aquí empieza nuestra historia.
  • E un conto en castelán, "Bala en el cerebro".
Permitímonos engadir agora unha entrevista con Tobias Wolff, en inglés, que non ten desperdicio: preme aquí (son dúas páxinas). E se a queres ler en castelán, preme aquí, se ben a verdadde é que a traducción deixa moito que desexar, porque é desas "feitas pola máquina" que non teñen moito xeito (estilo libro de intruccións de frigorífico traducidads ao castelán en Taiwan, ou cousa parecida: como para tirar o frigorífico...). Na próxima entrada, que caerá en breve nun día ou dous, comentaremos algunha das respostas desta entrevista, tremendamende reveladoras, tanto para mellor comprender contos vistos atrás neste club, como para mellor comprender os contos do propio Wolff...

2 comentarios:

  1. Hola, ya leí el relato, me pareció un poco simple conociéndote.
    Me parece que los puntos mas interesantes son dos:
    -Cuando aparece Gilbert comiéndose el tarro intentando buscar razones lógicas a engañar a su amigo (algo absurdo).
    -El final; se sobreentiende que Gilbert es un poco capullo al hacerle eso a la chavala (es obvio que a su padre no le va a gustar el rojo).

    Y podías portarte como un buen profesor y aprobarme ehhh!

    ResponderEliminar
  2. Ola,S. Benvido por estes lares. Ben, espero que o conto non sexa tan simple como dis e teña algo máis dentro, non polo carácter que un poda ter -refírome ao que dis ao comezo do teu comentario-, senón porque se fora tan simple non habería moito que dicir...
    Sobre o teu primeiro guión, case diría que botes un vistazo as outras entradas dedicadas a Tobias Wolff, con certa calma. E sobre o segundo guión, outro tanto, especialmente a ésa dedicada a comentar a entrevista con este escritor ("A entrevista en cuestión"), onde se fala da dificultade da lectura de certos contos e da ausencia neles de finais "claros", así como da herdanza de Chéjov, amigo tanto de escribir contos que xa parecían comezados cando les a primeira liña, como de finais aparentemente "cortados" antes de tempo. É que se pide unha certa "implicación" pola parte do lector...
    (Ah: e non creo que Gilbert se comporte con ela desa forma que dis, pero diso xa falaremos. O luns, lembra).
    Un saúdo, S. E gracias.

    ResponderEliminar