domingo, 7 de junio de 2009

Outra lenda urbana

Contaba o propio Tobias Wolff fai anos, cando o seu amigo Carver xa morrera, que ambos mantiñan unha estreita amizade. Nunha entrevista que por algunha razón un non é capaz de atopar pola selva da súa casa (...), Wolff dicía que anos atrás Carver estaba moi preocupado porque a súa filla tiña un noivo moi poco recomendable a ollos do seu pai. Xa non recorda un o porque: talvez drogas, talvez outra cousa... O caso é que ambos amigos decidiron planificar a morte dese suxeito tan perigoso, morte que evidentemente non sería... "natural". A cousa co paso do tempo quedou en nada, probablemente porque o amor dela polo cadáver de permiso foi morrendo para así evitar a morte de Romeo. Anos despois ambos escritores decidiron convertir esta historia nun guión cinematográfico, e como tal o presentaron polo menos a unha productora. O guión lles foi devolto porque resultaba... "pouco creíble".
Así o contou TW. Ou así recorda un que o contara TW...

sábado, 6 de junio de 2009

A entrevista en cuestión

Falabamos o outro día -primeira entrada dedicada a Tobias Wolff, ao final- dunha entrevista con Wolff das moitas existentes na rede (ou "na nube", como xa se escoita). Está en inglés e titúlase "The Salon Interview. Tobias Wolff", e ten dúas páxinas, con posibilidade de traducción automática (é dicir, traumática) ao castelán. A entrevista non ten desperdicio, desde logo, e o autor vai deixando caer perla tras perla. Así que podemos agora destacar ou comenatar algunha que outra, animándovos a lela completa pola vosa conta...
  • Cabe destacar xa de entrada o gran concepto que ten, como o xa desaparecido amigo seu Ray Carver, e o tamén amigo e vivo e ben vivo, Richard Ford, o gran concepto, dicíamos, dos contos de Chéjov, de quen recorda un extraordinario relato cuxo título non di: "Gusev" (1890). Este conto non acaba de aparecer na rede senón en inglés (pero con traducción automática-traumática ao castelán, se queres: preme aquí ou acá, respectivamente). O fragmento do que fala TW son os seis derradeiros parágrafos desta versión en inglés, e os mesmos na súa pésima traducción ao castelán (na edición de ed. Aguilar non chega a páxina e media).
  • Tamén chama a atención, e moito -se ben non é o primeiro en decilo-, que relacione o espírito do conto máis ben co do poema que co da novela...
  • Ou o que di sobre a dificultade que moita xente atopa na lectura de contos fronte á lectura de novelas (sendo como son máis extensas): tales persoas non len contos polo mesmo que non len poemas. Os relatos cortos dos grandes escritores (Maupasant, Chéjov, Carver, Alice Munro,...) non posúen finais "claros", non o din "todo", piden unha certa "implicación" por parte dun lector "activo". Eses lectores queren o "peche" que acostuman atopar nas novelas que len (un engade: dun certo tipo de novelas, ou talvez de historias vistas cada día en certos films ou telefilms).
  • O propio TW recoñece que lévalle dúas ou tres semanas saber de qué trata en realidade o novo conto que estea a escribir (rematalo, o dobre). Significativo, ¿non?
  • Tamén chega a dicir que as persoas tendemos a pensar a nosa vida episodicamente, de modo fragmentario, como se foran relatos cortos, polo que no a pensamos segundo a expresión narrativa típica da novela. Iso incita á reflexión... Pero é que engade algo máis, que pode explicar por que hai tantos escritores estadounidenses de "shot stories": relaciona un certo sedentarismo da xente en Inglatera co éxito alí da novela, e o costume dunha gran maioría da poboación estadounidense a desprzarse moi a miúdo co éxito do realto corto en EE UU. Interesante idea...
O dito. Unha entrevista chea de pistas para mellor comprender a un dos mellores escritores de contos norteamericanos da actualidade. Non tan famoso como Carver ou Ford. Quen sabe por que; haberá que preguntalo a algún gurú do mundo editorial, sexa mundial, sexa español. Misterios...

viernes, 5 de junio de 2009

No guru, no method, no teacher

" Los relatos de Wolff, como los de Carver, no están provistos de un final sorpresivo, no tienen por qué poseer un significado rebuscado, alegórico o metafísico. Es la sensación lo que les importa. La impresión. No quieren transmitir al lector un mensaje, una moraleja,sino un recuerdo; como digo, una sensación."
(Luisfer Romero Calero, "De regreso al mundo, Tobias Wolff", 16.7.07)


jueves, 4 de junio de 2009

Vídeo deste chico

Tobias Wolff é fundamentalmente un escritor de "shot stories", certamente, pero ten tamén a sú vertente como novelista. En concreto, en Vida de este chico, como en outras obras del, atopamos un rrealato novelado dunha época da súa propia vida (neste caso, a infancia e a adolñescencia coa súa nai, divorciada e buscando traballo en diferentes puntos dos EstadosnUnidos).
O libro, que é moi bo, tivo no seu día unha coñecida versión cinematográfica, se ben parece que non moi conseguida e que queda por debaixo da "novela" (más ben, relato autobiográfico novelado). Ecco...

miércoles, 3 de junio de 2009

Das boas razóns e dos bos principios...

"Éstas eran las razones, y eran buenas razones, pero Gilbert no podía utilizarlas. Sabía que haría lo que iba a hacer vaunque Rafe se quedara y fuera a la misma universidad que él o aunque Mary Ann fuera más calculadora. Las razones siempre tenían un objetivo, aparentar que había una lucha entre los buenos principioos y el deseo. Pero no había habido lucha alguna. Los buenos principios funcionaban sólo hasta que descubrías lo que querías por encima de todo."

(Tobias Wolff, "Dos chicos y una chica", páxina 172, en La noche en cuestión, Alfaguara, 2000. Traducción de Pilar Vázquez)

martes, 2 de junio de 2009

CONTO Nº 7: "DOUS MOZOS E UNHA MOZA", DE TOBIAS WOLFF

Para a próxima reunión, do luns día 8 de Xuño, á hora de sempre e no sitio de costume, temos un conto dun dos escritores de "short stories" estadounidenses máis importantes da actualidade, Tobias Wolff, se ben incomprensibklemente no noso país non alcanzou aínda a fama dos seus amigos Ray Carver e Richard Ford (o autor da antoloxía coa que comezamos este club-blog, e que fomos pouco a pouco deixando). Os tres amigos formaban grupo -evitaremos a posta introducir aquí a correspondente etiquetiña clasificadora porque neste club non somos moi amigos delas, e menos desa-, e os tres compartían -e os dous que quedan vivos seguen compartindo- a súa admiración polo que consideran o seu mestre e mentor: Antón Chéjov, o espirito deste club, a gran influencia, recoñecida ou non, da maiorían dos contistas norteamericanos en inglés.
De Wolff escollemos este conto, de 1996, incluído no libro de relatos La noche en cuestión (Alfaguara), se ben na antoloxía que tes na túa casa podes ler tamén outro conto máis del ("El otro Miller"). Na rede disopoñemos igualmente de algunha cousa en castelán e en inglés, e aauí tes pois estes enlaces, por se apetece nun momento dado:
  • Enlace para acceder ao conto "Powder" ("Po").
  • Enlace para o conto "The Deposition" ("A declaración"), do último libro publicado, recentemente chegado ás librrerías en España co título de Aquí empieza nuestra historia.
  • E un conto en castelán, "Bala en el cerebro".
Permitímonos engadir agora unha entrevista con Tobias Wolff, en inglés, que non ten desperdicio: preme aquí (son dúas páxinas). E se a queres ler en castelán, preme aquí, se ben a verdadde é que a traducción deixa moito que desexar, porque é desas "feitas pola máquina" que non teñen moito xeito (estilo libro de intruccións de frigorífico traducidads ao castelán en Taiwan, ou cousa parecida: como para tirar o frigorífico...). Na próxima entrada, que caerá en breve nun día ou dous, comentaremos algunha das respostas desta entrevista, tremendamende reveladoras, tanto para mellor comprender contos vistos atrás neste club, como para mellor comprender os contos do propio Wolff...

lunes, 1 de junio de 2009

Contar cantando...

Falabamos na anterior entrada da posibilidade da existencia dun híbrido entre o conto (relato) e o canto (poema), tal e como xa viron Tess Gallagher e Ray Carver...
Imos agora un pouco máis alá, sen abandonar o mapa norteamericano: Bob Dylan (perdón: negámonos a presentalo: porque soe morder, máis que nada).
Recurrimos a un par de cancións (¿cancións-relatos...?) das máis (re)coñecidas:
Da primeira, "Like a rolling stone", foron xa ditas tantas cousas... Unha das máis curiosas é que Dylan ao compoñela pensaba en... ¡Brian Jones! Entre Dylan e o autodestructivo Jones -que morreu na casa de Winie the Pooh, mira ti, el, o primeiro en abandonar das famosas catro jotas dos anos sesenta e comezo dos setenta: Jones, Jimmy Hendrix, Janis Joplin e Jim Morrison- existía unha estreita amizade baseada na mutua admiración -tamén os Beatles sentían tal admiración polo olvidado Jones- e cultivada en gran medida telefonicamente...
Da segunda, "All along the watchtower", tamén hai numerosas interpretacións para dar e tomar. ¡Ata hai alguén por aí que chegou a relacionala coa Caverna de Platón!, ou coa mesmésema Biblia... En fin...
Presentamos dúas versións que se saen do trillado. De "Like a rolling stone", unha cos Stones e Dylan xuntos no escenario, e Dylan... ¡sorrindo! (e incluso mira ao público, e tal), pero é que era difícil non facelo ante o histrión número un do circo do rock´n´roll (atención ao solo de harmónica de MJ: o mundo tende a ignoralo, pero é un gran, gran harmonicista). De "All along...", a coñecida versión de Hendrix, que por certo aparece na película "Una historia del Bronx".


Aquí tedes enlaces para poder ler as letras destas composicións: "Like a rolling stone" en inglés; en castelán, e esperemos que correctamente traducida; letra en inglés de "All along..."; e agora en castelán, e a ver se hai sorte coa traducción...