domingo, 26 de abril de 2009

"L´homme qui rit"

O título do relato de Salinger que temos agora entre mans está extraído da desconcertantemente olvidada novela de Victor Hugo (Francia, 1802-1885), "O home que rí" (1969). Neste último enlace recomendamos prestar atención ao apartado dedicado aos personaxes da novela, aos seus nomes, e ao parecido cos personaxes do conto que está dentro do conto de Salinger. Segundo a filla de Salinger no seu libro autobiográfico "El guardián de los sueños" -interesante e cargante a partes iguais-, o seu pai contáballes contos a ela e o seu irmán dun certo personaxe bastante parecido a éste do home desfigurado, relacionado coa mar e os barcos , se a memoria de quen agora escribe non minte demasiado...
Engadimos dúas perlas máis: un enlace que leva a un dos numerosos resumos e/ou comentarios sobre a novela de Hugo que podes atopar en internet, que sempre pode resultar de axuda para botar algo de luz sobre o relato de Salinger, e outro enlace de regalo para que vexas para a túa sorpresa que o malvado Joker de Batman non anda moi lonxe de Victor Hugo, vía cine, polo que parece...

sábado, 25 de abril de 2009

CONTO Nº 5: "O HOME QUE RI", DE SALINGER

Para o xoves día 30 de Marzo, á hora habitual no sitio de sempre,teremos a reunión número cinco deste club. Nesta ocasión o conto é de J.D. Salinger, o famosísimo autor de "O vixía no centeo" ("The catcher in the rye"), e titúlase como unha coñecida novela de Victor Hugo: "O home que rí". Como relato complementario temos unha breve historia escrita e debuxada polo autor de cómics estadounidense de orixe xaponés, o "indie" A. Tomine, estudiante de literatura anglosaxona e moi influído pola forma de escribir de Carver, que á súa vez estabao pola de Chéjov e Hemingway, autores visibles tamén na escritura de Salinger, polo que todo queda na casa... Este conto de Tomine leva por título "Dylan & Donovan", e trata dunha viaxe dun pai coas súas fillas adolescentes (extraños nomes, si).
Para a lectura do conto de Salinger remitímoste aos enlaces xa marcados antes, pero tamén ao texto de Piglia do que xa falamos en anteriores entradas deste blog. Cremos que pode ter interese tomalo como algo parecidio a un guieiro, a ver onde podemos chegar...
Concretando, propoñemos polo tanto o seguinte: se non queres ler o texto de Piglia completo, basta con que leas os tres fragmentos incluídos na entrada deste blog titulada "As teses de Piglia" (ver enlace anterior). Despois, debes centrarte nos fragmentos segundo (Tese VI) e terceiro (Tese VII) dos reproducidos, xa que o primeiro (Tese II) é máis ben da forma de proceder de escritores anteriores como Poe ou Quiroga. Ben, e agora deberías volver a ler o conto de Salinger -ou lelo por vez primeira- distinguindo a Historia I da Historia II, se que consideras que as hai. Finalmente, con toda a paciencia do mundo, trata de responder(te) a estas cuestións: ¿que tensión hai entre ambas historias?; ¿cal sería a historia secreta contada de forma elusiva?; ¿é certo que Salinger está contando dúas historias como se fora soamente unha?; ¿a historia secreta estáse contando co "non dito" (teoría do iceberg de Hemingway, que procede de Chéjov)?
Os membros deste club de segundo de bacharelato, en pleno fin de curso, talvez teñan problemas para asistir á próxima reunión (ou non...), pero en tal caso sempre poden deixar os seus comentarios sobre os contos de Salinger e Tomine aquí, hoxe, o día da reunión, u pouco despois, cando vexan, pero que non deixen de facelo. Por favor...

- Para acceder ao conto de Salinger en inglés, preme aquí: "The Laghing Man".
- Para acceder a ese mesmo conto, pero en castelán, preme aquí: "El hombre que ríe".
- Se alguén sabe dalgún sitio na rede no que sexa posible atopar este conto tarducido ao galego, que deixe un comentario nesta entrada, por favor. Gracias.

domingo, 5 de abril de 2009

Reunión IV (2.4.09): a paixase desde o bus...

Reunímonos finalmente o xoves, dous de Abril. Tíñamos en principio tres contos de EH dos que falar, pero acabamos centrándonos no segundo dos escollidos, "Cat in the rain", que incluso limos enteiro en voz alta dada a súa brevedade. A medida que avanzábamos , íamos comentando o texto, as súas expresións, as numerosas imaxes utilizadas polo autor, os xiros, os posibles sentidos... Lamentablemente os outros dous contos a penas foron tratados, pero sempre cabe a posibilidade de que alguén se anime a escribir algo neste blog... (¡Ar!).
Para o que si houbo tempo foi para que aparecera de novo entre nós o monstro de que-quere-decir-este-señor-con -estes-contos-tan-raros... Un dos presentes -é unha forma de falar- improvisou algo parecido a un conto, por así chamalo, co fin de espantar a esa besta que pretende que acudamos á páxina tal do periódico para atopar a solución a non sei que estraño xeroglífico, que en realidade non hai (nin falta que fai: ¿quen quere un relato desa natureza nun sitio como éste, mh?): Unha persoa colle por enésima vez o bus para facer o tedioso traxecto ata Betanzos -un exótico lugar como calquera outro-. Cando case é o momento da saída, sube con presas alguén, que finalmente senta xunto á outra persoa. Sen pretendelo ningunha das dúas, nace pouco a pouco unha conversación... Ao chegar a Betanzos todo o mundo baixa e as dúas persoas a penas se despiden. Pasan un, dous días, tres, e a persoa do comezo desta historia non pode olvidar á outra, ás súas palabras, o que dixo de tal ou cal cousa. O seu interese vai en aumento. Sinte a necesidade de volver a atopala, e pregúntase se a outra sentirá outro tanto. En calquera caso, "algo" lle chama, algo que non sabe definir, pero algo tan intenso... como ambiguo.
Vale. Supoñamos que esa persoa escribe, e quere expresar todo iso: a ambigüidade, a intensidade, a atracción non sabe moi ben de que... ¿Todo iso ten interese? ¿Ocurre ás veces? ¿Atrae? ¿Di algo sobre a vida, as persoas, as relacións humanas...? Se non se trata de resolver no relato quen foi o asasino de Tal, ou onde está o tesouro de Cal, ou como fará Tal para casarse con Cal, ¿renunciamos a contar a viaxe? E se a contamos, ¿de que xeito, con que palabras, con que imaxes, querendo transmitir que? ¿Un xeroglífico de periódico, deses que ante unha pregunta ben concreta dan "a resposta" correcta e concreta? ¿Desde cando é así a viaxe en bus ata Betanzos, mh...?
Supoñemos que leiches a cita de Tobias Wolff na parte superior dereita deste blog. Este escritor, nun conto titulado "A alegría do soldado", publicado no libro "De regreso al mundo" ,
fai dicir ao seu protagonista que a súa mellor época foi na guerra de Vietnam: "Entonces no lo sabíamos -dijo Hooper-. Solíamos hablar de que cuando regresáramos al mundo íbamos a hacer esto y lo otro. De regreso al mundo íbamos a transformarlo. Pero desde entonces no ha habido más que confusión." (Este conto foi recentemente reeditado no último libro de Wolff, xunto con outros moitos).
Confusión... ¿Confusión...?

miércoles, 1 de abril de 2009

Entrevista co vampiro

Na entrevista xa citada na anterio entrada, a George Plimpton tivo con E.H. en 1958, e publicada en castelán no libro arxentino cuxa referencia podes tamén atopar na mesma entrada, pódese ler esta pregunta e esta soamente en certo modo sorprendente resposta do mestre -decímolo polo dos pintores, pero ben pensado, e tendo en conta as imaxes e símbolos dos que calquera escritor que se precie bota man..., ¿a que sorprenderse...?-:

"¿Cuáles diría que han sido sus antecesores literarios, los que más le han enseñado?

Mark Twain, Flaubert, Stendhal, Bach, Turgueniev, Tolstoi, Dostoiewski, Chejov, Andrew Marvell, John Donne, Maupassant, el buen Kipling, Thoreau, el Capitán Marryat, Shakespeare, Mozart, Quevedo, Dante, Virgilio, Tintoretto, Hieronymus Bosch, Breughel, Patinier, Goya, Giotto, Cézanne, Van Gogh, Gauguin, San Juan de la Cruz, Góngora, nos llevaría un día recordarlos a todos. Y además sonaría como si reclamara una erudición que no poseo en vez de tratar de recordar toda la gente que ha tenido influencia en mi vida y en mi obra. Esta no es una vieja pregunta estúpida. Es una pregunta muy buena pero solemne y requiere un examen de conciencia."

lunes, 30 de marzo de 2009

Hemingway e o principio do iceberg

"Si de algo sirve saberlo, siempre trato de escribir de acuerdo con el principio del iceberg. Hay nueve décimos bajo el agua por cada parte que se ve de él. Uno puede eliminar cualquier cosa que sepa, y eso sólo fortalecerá el iceberg. Si un escritor omite algo porque no lo sabe, habrá un agujero en su relato."
(E. Hemingway, nunha entrevista en 1954, publicada en Confesiones de escritores. Los reportajes de The Paris Rewiew.Narradores 1, Librería-Editorial El Ateneo, 1996, Buenos Aires).

domingo, 29 de marzo de 2009

As teses de Piglia...

Para entrar mellor no corazón destes realtos de E.H. propoñemos a lectura nesta entrada de tres fragmentos seleccionados do tan traído e levado artigo do escritor arxentino Ricardo Piglia (Buenos Aires, 1940), titulado "Tesis sobre el cuento", disponible por enteiro na rede, e xa tratado no blog do club de lectura do curso pasado dedicado a "O vixía no centeo" (preme aquí para velo):

II

El cuento clásico (Poe, Quiroga) narra en primer plano la historia 1 (el relato del juego) y construye en secreto la historia 2 (el relato del suicidio). El arte del cuentista consiste en saber cifrar la historia 2 en los intersticios de la historia 1. Un relato visible esconde un relato secreto, narrado de un modo elíptico y fragmentario.

El efecto de sorpresa se produce cuando el final de la historia secreta aparece en la superficie.


VI

La versión moderna del cuento que viene de Chéjov, Katherine Mansfield, Sherwood Anderson, el Joyce de Dublineses, abandona el final sorpresivo y la estructura cerrada; trabaja la tensión entre las dos historias sin resolverla nunca. La historia secreta se cuenta de un modo cada vez más elusivo. El cuento clásico a lo Poe contaba una historia anunciando que había otra; el cuento moderno cuenta dos historias como si fueran una sola.

La teoría del iceberg de Hemingway es la primera síntesis de ese proceso de transformación: lo más importante nunca se cuenta. La historia secreta se construye con lo no dicho, con el sobreentendido y la alusión.


VII

"El gran río de los dos corazones", uno de los relatos fundamentales de Hemingway, cifra hasta tal punto la historia 2 (los efectos de la guerra en Nick Adams), que el cuento parece la descripción trivial de una excursión de pesca. Hemingway pone toda su pericia en la narración hermética de la historia secreta. Usa con tal maestría el arte de la elipsis que logra que se note la ausencia de otro relato.

¿Qué hubiera hecho Hemingway con la anécdota de Chejov? Narrar con detalles precisos la partida y el ambiente donde se desarrolla el juego, y la técnica que usa el jugador para apostar, y el tipo de bebida que toma. No decir nunca que ese hombre se va a suicidar, pero escribir el cuento como si el lector ya lo supiera.


viernes, 27 de marzo de 2009

CONTO Nº 4: "O MEU VELLO", DE HEMINGWAY

De Ernest Hemingway (EE UU, 1899-1961) -¿é necesario presentalo?: bota unha olada á Wikipedia, se tal- veremos tres contos:
  • "O MEU VELLO" ("My old man"), outra vez ambientado nos hipódromos: di a lenda que a admiración de Hemingway polo conto "Quero saber por que" de Anderson levóuno a escribir este outro. Para ler en inglés este conto, preme aquí.
  • "GATO BAIXO A CHUVIA" ("Cat in the rain"), unha brevísima peza, moi famosa, e terriblemente críptica, ao tempo que de difícil olvido. un dos relatos máis coñecidos del. Para ler en inglés este conto, preme aquí. E aquí se o queres ler en castelán.
  • "CAMPAMENTO INDIO" ("Indian camp"), un dos primeiros co personaxe Nick Adams -alter ego de Ernest Hemingway-, de neno, acompañando ao seu pai, médico, nunha reveladora saída. Para ler este relato en castelán, preme aquí.
Os tres foron publicados no libro The First Forty-Nine Stories (1939), en orde inversa. Calquera dos tres é tipicamente hemingwayano. ¿Que queremos dicir con isto? Ben, á parte do xa dito máis atrás da influencia de Chéjov e Anderson sobre o escritor que agora tratamos, consulta as entradas seguintes, se tes valor para facelo, claro...